Segunda-feira, 8 de Março de 2010
A Galiza não pára.

«A asociación Mar de San Ciprián pretende “recuperar unha tradición perdida hai case un século na comarca de A Mariña” para o que construirá unha embarcación traiñón “segundo a tradición construtiva acumulada durante décadas nos estaleiros sancibrenses”, aseguran desde a asociación.

A asociación “Mar de San Ciprián” deu comezo ao desenvolvemento dun proxecto constructivo que os levará a dispor dunha embarcación tipo “traiñón”. Este barco será construído en madeira segundo a tradición constructiva acumulada durante décadas nos estaleiros sancibrenses. Neste caso, será Francisco Frá, derradeiro carpinteiro de ribeira en activo nesta comarca, o encargado da súa construcción.
Francisco Frá  xa comezou o deseño e elaboración desta embarcación co trazado do deseño básico e a formulación da montea. Así mesmo, xa dispón da maqueta, coa que deu trazado ás liñas que servirán para enxergar as cadernas da nave. Estes traballos deron comezo grazas a axuda económica recibida desde á Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, e que ascendeu a 2.525 euros.
Esta embarcación estará construída en madeira de carballo e pino do país, ao entender que estas madeiras recuperan a verdadeira fórmula constructiva autóctona e se adaptan de forma plena á recuperación etnográfica de embarcacións típicas que este Concello quere facer mediante esta actuación. Do mesmo xeito, tamén se empregará o lenzo para a confección das velas, así como o sisal e a abacá para os cabos e aparellos do velame.
Para tal fin tamén se recuperarán as formas constructivas propias desta embarcación, xa que se dotará dunha proa rodada e fina para favorecer as manobras, ao xeito das antigas, e se lle dará maior forma a popa, co gallo de recuperar a forma denominada chea, con motivo de dotar á embarcación de máis arqueo á popa, debido ao peso do aparello que lle da nome á lancha.
As dimensións da embarcación serán 10 metros de eslora, 2,40 metros de manga e 1,10 metros de puntal. Asemade, e para recuperar de xeito fidedigno esta tipoloxía de embarcación, a nave estará propulsada por dez remos, cinco por banda, aos que se engadirán dous paos – mastros con velas ao tercio, sendo a de popa de maior tamaño.  Tamén se construirá un temón de maior puntal que a lancha, de forma que axude ás manobras, correspondendo o goberno a un décimo primeiro remo no caso de navegación mediante boga.
A asociación  “Mar de San Ciprián” ten entre os seus obxectivos a conservación e recuperación do patrimonio marítimo mariñao en xeral e sancibrense en particular. Entre outras citas e iniciativas, levan xa representado o patrimonio marítimo – pesqueiro mariñao nos VII e IX Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrados en Ferrol e Muros nos anos 2007 e 2009.
Desde a asociación sancibrense queren agradecer publicamente a achega concedida desde a entidade provincial, e agardan contar co apoio doutras administracións para conseguir avanzar as diversas fases constructivas que a embarcación agora iniciada.»
 
Desta vez é no Norte da Galiza que se mete mãos-à-obra e mais um novo (e já desaparecido) barco tradicional vai nascer. Continua o seu povo com muita vontade de trabalhar neste campo cultural, mas também o apoio das autoridades “dá uma mãozinha”, sempre importante.
Aprendamos.
 
via FGCMF – Federação Galega pela Cultura Marítima e Fluvial


publicado por cachinare às 08:06
link do post | comentar | favorito

mais sobre mim
subscrever feeds
últ. comentários
Esta bela foto retrata bem o que eram os tempos an...
Mais de um ano depois, volto aqui (ao blog), e li ...
é de facto interessante, mas .... o que caracteriz...
Conforme já referi algures, no próximo Sábado, 23 ...
Na verdade, típico é os nossos vizinhos da Póvoa ...
Belo quadro pintado ,dois botes um a vela e outro ...
Outros tempos ,diria mesmo meus tempos de rapaz ,o...
Pois ,nesse estado bem bebido até a sua sombra ele...
Ver está foto, salta-me muitas saudades de ouvir m...
Pescador da Nazaré ,homem do antigamente ,com traj...

culturmar

tags

a nova fanequeira de vila chã

ala-arriba

alan villiers

apresentação

aquele portugal

argus

arte marítima

bacalhoeiros canadianos-americanos

bacalhoeiros estrangeiros

bacalhoeiros portugueses

barcos tradicionais

caxinas

cultura costeira

diversos

fotos soltas

galiza

jornal mare - matosinhos

memórias

modelismo naval

multimédia

museus do mar

pesca portuguesa

póvoa de varzim

relatos da lancha poveira "fé em deus"

santa maria manuela

veleiros

vila do conde

todas as tags

Vídeos
links
arquivos